11/05/2006

COMUNICADO DE TOKAN-NEGRO

Boas. Un saúdo a esa xente que segue a nosa carallada musical. Nestes momentos atopámonos nun período de sequía productiva, esto foi debido á locura de verán que vivimos os compoñentes de tokan-negro e a nosa posterior separación debidos ós estudos. Tamén cabe destacar a perda de interese pola grabación de videos, e con isto nn reprocho a nadie a súa falta de interese, xa que eu mesmo me notaba falto desa necesidade de grabar,ainda que apareceron proxectos de Javi e meus coa estimable colavoración de Olmedo que non teñen nada que ver co grupo. Pero o venres 3 de setembro tiven unha longa conversa con Martín, e os dous manifestamos a necesidade de volver coa nosa andadura, agora so falta que os demais compañeiros queiran continuar, e agardase que haxa algunha novidade tanto nos menbros do grupo coma na temática dos videos. Agradecementos polo tempo de grabación que pasamos xuntos a Javi, Rafa,Pirulo,Martín, Anxo, Alberto e a esa xente q ve os videos e que escribe os comentarios. <>-----Lukas-----<>